Protección á infancia: definicións, normativa e recursos
Que é a protección á infancia e á adolescencia?
- Entendemos por protección á infancia e á adolescencia toda actividade social que teña como obxectivo o desenvolvemento normal dos nenos, nenas ou adolescentes e o fomento das súas capacidades tanto na familia como na sociedade, para que se convertan en adultos responsables. (considerando 2 da Resolución do Parlamento Europeo sobre medidas de protección a “menores” na Unión Europea, 1997).
- Especificamente, “para os efectos desta lei, enténdese por sistema de protección de menores o conxunto de servizos, actuacións e medidas de intervención dos poderes públicos destinadas a paliaren as situacións de desprotección e conflito social nas que poidan encontrarse as persoas menores de idade (artigo 48.1 LFam).
- Dispoñemos dunha descrición máis ampla dende a Consellería de Política Social, como entidade pública competente en materia de protección á infancia e á adolescencia en situación de desamparo en Galicia (artigo 12 e Disposición Adicional 22ª LOPXM, en relación co artigo 41.1.a LFam e cos artigos 5 e 7 e ss. LDCG[2]), aquí .
Cales son as normas básicas?
- Convención sobre os Dereitos do Neno adoptada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 20 de novembro de 1989, ratificada por España o 6 de decembro de 1990.
- Código Civil.
- Lei Orgánica 1/1996, de 15 de xaneiro, de protección xurídica do “menor”, de modificación parcial do código civil e da lei de axuizamento civil.
- Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia.
- Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia.
- Decreto 42/2000, de 7 de xaneiro, polo que se refunde a normativa reguladora vixente en materia de familia, infancia e adolescencia.
- Decreto 192/2015, do 29 de outubro, polo que se define a Carteira de servizos sociais de familia, infancia e adolescencia.
- Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.
- Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento.
Visión xeral....
De acordo co establecido na Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor, de modificación do Código civil e da Lei de axuizamento civil, na Lei orgánica 8/2015, do 22 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia e na Lei 26/2015, do 28 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia, así como executar as medidas ditadas polos xulgados de menores, nos termos establecidos na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores” (art. 13.b).
Qué abreviaturas usamos nesta guía?
As abreviaturas que se usarán neste documento para esta normativa básica, e para algunha outra norma de cita frecuente, serán as seguintes:
Onde atopar as diferentes normas actualizadas?
Son recursos oficiais, abertos e gratuitos para procurar:
Cales poden ser as normas aplicables.
Cal é o texto vixente de cadansúa norma nun momento dado.

