Protección á infancia: definicións, normativa e recursos

Que é a protección á infancia e á adolescencia?​

  • Entendemos por protección á infancia e á adolescencia toda actividade social que teña como obxectivo o desenvolvemento normal dos nenos, nenas ou adolescentes e o fomento das súas capacidades tanto na familia como na sociedade, para que se convertan en adultos responsables. (considerando 2 da Resolución do Parlamento Europeo sobre medidas de protección a “menores” na Unión Europea, 1997).
  • Especificamente, “para os efectos desta lei, enténdese por sistema de protección de menores o conxunto de servizos, actuacións e medidas de intervención dos poderes públicos destinadas a paliaren as situacións de desprotección e conflito social nas que poidan encontrarse as persoas menores de idade (artigo 48.1 LFam).
  • Dispoñemos dunha descrición máis ampla dende a Consellería de Política Social, como entidade pública competente en materia de protección á infancia e á adolescencia en situación de desamparo en Galicia (artigo 12 e Disposición Adicional 22ª LOPXM, en relación co artigo 41.1.a LFam e cos artigos 5 e 7 e ss. LDCG[2]), aquí .

Cales son as normas básicas?

  • Convención sobre os Dereitos do Neno adoptada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 20 de novembro de 1989, ratificada por España o 6 de decembro de 1990.
  • Código Civil.
  • Lei Orgánica 1/1996, de 15 de xaneiro, de protección xurídica do “menor”, de modificación parcial do código civil e da lei de axuizamento civil.
  • Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia.
  • Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia.
  • Decreto 42/2000, de 7 de xaneiro, polo que se refunde a normativa reguladora vixente en materia de familia, infancia e adolescencia.
  • Decreto 192/2015, do 29 de outubro, polo que se define a Carteira de servizos sociais de familia, infancia e adolescencia.
  • Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.
  • Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento.

Visión xeral....

Para unha visión xeral da política de infancia en Galicia, relativamente actualizada (en protección á infancia e á adolescencia, os datos son de 2016), pódese consultar LA INFANCIA EN GALICIA de UNICEF dispoñible en aquí. Para unha diagnose recente da situación da infancia e adolescencia en Galicia pódese consultar OS DEREITOS DA INFANCIA EN GALICIA, Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia, novembro 2021, dispoñible aquí. E de conformidade co Decreto 216/2020, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Política Social, atribúese á Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica o exercicio das políticas autonómicas en materia de acción social de apoio á familia, á infancia e adolescencia (art. 13.1.a) e, en particular, "protexer e tutelar as persoas menores en situación de risco ou desamparo.

De acordo co establecido na Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor, de modificación do Código civil e da Lei de axuizamento civil, na Lei orgánica 8/2015, do 22 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia e na Lei 26/2015, do 28 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia, así como executar as medidas ditadas polos xulgados de menores, nos termos establecidos na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores” (art. 13.b).

Qué abreviaturas usamos nesta guía?

As abreviaturas que se usarán neste documento para esta normativa básica, e para algunha outra norma de cita frecuente, serán as seguintes:

Onde atopar as diferentes normas actualizadas?

Son recursos oficiais, abertos e gratuitos para procurar:

  • Cales poden ser as normas aplicables.

  • Cal é o texto vixente de cadansúa norma nun momento dado.