A Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia é unha asociación de persoas xurídicas que actúa no territorio galego sen prexuízo de realizar actuacións estatais e internacionais a favor do bo trato á infancia e adolescencia en Galicia.

Nace para defender, protexer e promocionar os dereitos fundamentais da Infancia recollidos na Convención dos Dereitos do Neno de 1989.

O seu interese é incrementar o benestar da infancia e denunciar e facer seguimento das situacións que vulneren os dereitos das persoas menores de idade.