Protección, dereitos e responsabilidade da infancia en Galicia

Queremos uns nenos e nenas máis responsables, máis autónomos para afrontar os cambios sociais futuros, con criterios morais máis desenvolvidos? 
Ou queremos uns nenos e nenas mellor controlados, máis á imaxe e semellanza dos adultos de hoxe, con uns criterios morais prefijados?
As respostas a tales preguntas non son, en absoluto, nin fáciles nin banais. Como tampouco son cuestións moi obxectivables: están cargadas de opcións de valor. Por engadido, calquera análise sinxelo das mesmas pode estar sesgado polas nosas representacións colectivas sobre que é a infancia.

Ferrán Casas, en “Infancia: Perspectivas psicosociales”. Paidós Ibérica, 1998.

Do mesmo xeito que a liberdade non se concede, senón que se conquista ou se asume, a responsabilidade non se pode presupoñer que se adquire por decreto, senón que se constrúe.

O obxectivo desta guía...

Achegamento xurídico

Fomentar a cultura de protección á infancia e adolescencia desde a óptica dos dereitos das persoas menores de idade.

Achegamento descritivo e básico

Proporcionar unha visión clara, non crítica nin exhaustiva, para facilitar a súa aplicación práctica.

Exclusión da responsabilidade penal

Centrado na protección, deixando de lado a cuestión da responsabilidade penal das persoas menores de idade.

Foco en Galicia

Dirixido á normativa específica e aplicable na Comunidade Autónoma de Galicia.

Exclusión da adopción internacional

Non se aborda a adopción internacional nin a súa normativa específica.

Dirixido aos Axentes do Sistema de Protección

Principalmente aos profesionais que traballan no sistema de protección, enfocándose no aspecto práctico.

Baixo este enfoque naceu a idea inicial deste traballo en 2002, que correspondeu no seu momento ao COLECTIVO GALEGO DO MENOR, asociación sen ánimo de lucro que englobaba a centros de protección para nenos, nenas e adolescentes en Galicia, xa daquela con máis de vinte anos de experiencia de traballo con infancia e adolescencia en desamparo.

Revisada esta guía durante o ano 2021, atopámonos con que as institucións de protección teñen mudado parcialmente por mor de diversas modificacións normativas, e igual acontece cos axentes de protección tamén. Pero por riba de todo tense ampliado e complicado o aparello normativo no cal se definen as regras do xogo xurídicas para este sistema de protección.