Por ser unha situación de feito, o desamparo dura en tanto se manteñan as circunstancias que o ocasionaron.
En xeral, dura o que duren as circunstancias que motivaron a adopción desta medida e, especificamente, pódense consultar as causas xerais que, legalmente ou de feito, levan ao peche dun expediente de protección (https://politicasocial.xunta.gal/sites/w_polso/files/proteccion/elemento2-6-gl.html) :
- Desaparición das causas que motivaron a intervención do Servizo. Non hai desprotección. O NNA está a vivir coa súa familia de orixe habendo garantías de que vai recibir un coidado adecuado e que vai ter as súas necesidades básicas satisfeitas. Houbo unha evolución positiva na situación familiar, e desapareceu a situación de desprotección. A familia non necesita o apoio de SSE para cubrir as necesidades básicas do NNA.
- A persoa adulta causante da situación de grave desprotección do NNA xa non vive no domicilio familiar e non vai ter acceso a el/ela
- O ou a moza alcanzou a maioría de idade. En caso de necesitar apoios, derívaselle aos servizos pertinentes.
- O ou a adolescente ten entre 16-18 anos, está emancipado ou emancipada legalmente.
- Adopción do NNA.
- Falecemento do NNA.
- Traslado do NNA a outra Comunidade Autónoma (exceptúanse os casos de acollemento familiar) ou a outro país.
- Diminución da gravidade da desprotección, deixando de existir desprotección de gravidade elevada ou moi elevada, aínda que segue existindo desprotección moderada ou outra situación de risco cara ao NNA.
Aínda que pode haber excepcións que deberán ser propostas polos Equipos Técnicos do Menor e aprobadas pola Xefatura Territorial.
- A entidade pública, de oficio ou a instancia do Ministerio Fiscal ou de persoa ou entidade interesada, poderá revogar a declaración de situación de desamparo e decidir o retorno do menor coa súa familia, sempre que se entenda que é o máis adecuado para o seu interese (artigos 172.3 CC e 62.a LFam).
- Excepcionalmente, por traslados ou desparicións (artigos 172.5 CC, 18.4 LOPXM e 62.b LFam).

