Dereito a ser oído e escoitado

  • En xeral, os pais ou gardadores disporán dun prazo de 2 días, contados a partir do día seguinte ao da notificación, para facer entrega voluntaria da persoa menor de idade, ben no centro de acollida residencial ou ben nos servicios de atención á infancia e á adolescencia (artigo 37.2 D 42/2000).
    • Para o caso de urxencia con grave risco para a persoa menor de idade, poderase actuar de modo inmediato e, en particular, se existe unha situación que implique a vulneración de dereitos fundamentais das persoas ou se están en perigo a vida ou a integridade física da persoa menor de idade (artigos 14.bis LOPXM, 54.1 LFam e 37.3 e 38 D 42/2000).
    • Para o caso de oposición dos pais, titores ou gardadores, a Xefatura Territorial poderá presentar ante o xulgado de primeira instancia competente no lugar onde radique o seu domicilio solicitude de auxilio xudicial para facer efectiva a medida acordada, sen prexuízo da actuación inmediata antes indicada (artigo 38 D 42/2000, en relación actualmente co artigo 778.ter Lei 1/2000, de 7 de xaneiro, de Axuizamento Civil)[1].
ATENCIÓN: Dereito a ser oída e escoitada. Ningún procedemento se pode facer conforme á lei sen oír e escoitar á persoa menor de idade.  “Sen discriminación algunha por idade, discapacidade ou calquera outra circunstancia, tanto no ámbito familiar como en calquera procedemento administrativo, xudicial ou de mediación en que estea afectado e que conduza a unha decisión que incida na súa esfera persoal, familiar ou social, téndose debidamente en conta as súas opinións, en función da súa idade e madurez. Para iso, o menor deberá recibir a información que lle permita o exercicio deste dereito nunha linguaxe comprensible, en formatos accesibles e adaptados ás súas circunstancias”. Este dereito da persoa e correlativa obriga de órganos xudiciais e administrativos é tan intensa que “Sempre que en vía administrativa ou xudicial se denegue a comparecencia ou audiencia dos menores directamente ou por medio de persoa que lle represente, a resolución será motivada no interese superior do menor e comunicada ao Ministerio Fiscal, ao menor e, no seu caso, ao seu representante, indicando explicitamente os recursos existentes contra tal decisión. Nas resolucións sobre o fondo haberá de facerse constar, no seu caso, o resultado da audiencia ao menor, así como a súa valoración” (artigo 9 LOPXM). E incluíndo ás persoas con discapacidade (artigo 12.8 LOPXM).