Solicitude, tramitación, resolución e notificación
Solicitude: farase perante a Xefatura Territorial correspondente segundo o domicilio da persoa menor de idade ou ante os servicios sociais de atención primaria (artigo 44 D 42/2000).
Tramitación da solicitude:
investigación e audiencia (artigo 45.1 D 42/2000): a Xefatura Territorial iniciará o expediente recollendo as circunstancias graves concorrentes no caso, a audiencia á persoa menor de idade de máis de 12 anos e tamén ó de menos de 12 se tivese madureza dabondo, e recollendo igualmente o plan de traballo.
informe e proposta (artigo 45.2 D 42/2000): os equipos técnicos avaliarán a solicitude e a documentación, formularán proposta de:
garda
outras medidas de apoio distintas á garda.
Resolución (artigo 45.2, 45.3 e 46.1 D 42/2000): a xefatura territorial acordará:
outras medidas de apoio,
garda por medio de acollemento familiar ou residencial.
Notificación (artigo 46.1 D 42/2000): ás interesadas, deixando constancia de que os/as proxenitores/es ou titores/as foron informados/as das responsabilidades que seguen mantendo respecto da persoa menor de idade, así como da maneira na que se vai exercer a medida.